IN MEMORIAM: BRAIS SESTELO
![]() |
No día de representación na XXV MOTESMO en Bueu |

A AULA DE TEATRO SEI SAN NARCISO VOLVEU Á MOSTRA DE TEATRO DO ENSINO
SECUNDARIO DO MORRAZO NA SÚA XXV EDICIÓN
A nosa Aula de Teatro embarcou de novo na Mostra do Teatro de Ensino Secundario do Morrazo, coincidindo co XXV aniversario desta marabillosa creación colectiva que distintos centros da comarca impulsaran e que como fundadores contribuímos no seu día a poñer en pé alimentándoa curso a curso durante unha longa etapa que chegou ata o 2011.
![]() |
Na cerimonia de inauguración da XXV MOSTRA DE TEATRO en BUEU |
Pasada máis dunha década volvemos no 2023 con moita
ilusión e trouxemos a esta edición unha
marca habitual da casa, un espectáculo da nosa autoría que quere ser á vez unha
homenaxe á propia traxectoria da nosa aula reunindo nesta obra unha serie de
chiscadelas e referencias escénicas ás montaxes de anos atrás, o que
non quere dicir que a trama deixe de ser completamente nova e orixinal.
![]() |
Representación na MOTESMO en Bueu |
Quixemos deste xeito reunir diversos elementos botando man de múltiples
técnicas que nos caracterizan como son: A dramatización de textos narrativos
(usamos unha longa e coñecida novela, As intermitencias da morte do Premio Nobel J. Saramago e un conto lostregante, A Illa das mulleres,
da autora marinense Lara Dopazo) introdución da lírica de poetas vivos e
mortos, esta vez ata nos atrevemos cos discursos da promotora dos venres polo
planeta, incorporamos, como non, música en directo, mesmo montaxes audiovisuais,
algo de danza inspirados en montaxes de Pina Baush e Dimistris Papanaiou, ecos
de grandes escenas clásicas do cinema como escenas inesquecibles do Gran
Ditador de Charles Chaplin ou de literatura infantil (Alicia) como se reflicte
no propio título O
Futuro ao outro lado do espello.
É unha obra que se estreou o 28 de
abril no Salón de Actos do IES Xohán Carballeira de Bueu, sé da Mostra de
Teatro de Ensino Secundario na presente edición. Os espectadores presenciaron logo
unha sucesión de imaxes escénicas diversas que denominamos: Camiñamos,
Escoitando a Terra, Cambio Climático, Traballo, Morte e Amor, Illa das Mulleres e o
Futuro ao outro lado do espello. Son sete grandes escenas coas que
pretendemos interpelar os medos ao porvir, ao mesmo tempo que, como persoas en
formación, nos respondemos a nós mesmas sobre as interrogantes do noso
futuro.
ELENCO VER O VÍDEO DA REPRESENTACIÓN EN BUEU
MULLERES ANTE O ESPELLO: Rocío López (ALICIA), Carla
Núñez (MORTE MOURA) Greta Sampedro (MORTE BRANCA), Alba Capa
(xornalista), Mar Madero (xornalista), Claudia Cárcer (xornalista), Sara
Fraile (xornalista), Cristina Boullosa, Sara Catalán e Kelly González.
HOMES ANTE O ESPELLO: Óscar Mathieu, Brais Sestelo, David Fuentes
(xornalista), Alex Díaz e Iago Otero.
MÚSICAS ANTE O ESPELLO: Ainhoa del Río, Uxía Novegil.
MONTAXE AUDIOVISUAL: Luís Fuentes
LUZ: Antía Argibay
SON: Breixo Pazos
ESCENOGRAFÍA: Darío Suárez e Teresa González
ADAPTACIÓN DOS TEXTOS E DIRECCIÓN: Héctor Silveiro
![]() |
Representación no noso centro |
![]() |
Programa da XXV MOTESMO |
PEQUENO ÁLBUM FOTOGRÁFICO
Máis información