26 abril 2025

REINCORPORÁMONOS Á XXV MOSTRA DE TEATRO DE ENSINO SECUNDARIO DO MORRAZO NO 2023

 IN MEMORIAM:  BRAIS SESTELO

No día de representación na XXV MOTESMO en Bueu



A AULA DE TEATRO SEI SAN NARCISO VOLVEU Á MOSTRA DE TEATRO DO ENSINO SECUNDARIO DO MORRAZO NA SÚA XXV EDICIÓN

A nosa Aula de Teatro embarcou de novo na Mostra do Teatro de Ensino Secundario do Morrazo, coincidindo co XXV aniversario desta marabillosa creación colectiva que distintos centros da comarca impulsaran e que como fundadores contribuímos no seu día a poñer en pé alimentándoa curso a curso durante unha longa etapa que chegou ata o 2011.   

Na cerimonia de inauguración da XXV MOSTRA DE TEATRO en BUEU


Pasada máis dunha década volvemos no 2023 con moita ilusión e trouxemos a esta edición unha marca habitual da casa, un espectáculo da nosa autoría que quere ser á vez unha homenaxe á propia traxectoria da nosa aula reunindo nesta obra unha serie de chiscadelas e referencias escénicas ás montaxes de anos atrás,  o que non quere dicir que a trama deixe de ser completamente nova e orixinal. 

Representación  na MOTESMO en Bueu


Quixemos deste xeito reunir diversos elementos botando man de múltiples técnicas que nos caracterizan como son: A dramatización de textos narrativos (usamos unha longa e coñecida novela, As intermitencias da morte do Premio Nobel J. Saramago e un conto lostregante, A Illa das mulleres, da autora marinense Lara Dopazo) introdución da lírica de poetas vivos e mortos, esta vez ata nos atrevemos cos discursos da promotora dos venres polo planeta, incorporamos, como non, música en directo, mesmo montaxes audiovisuais, algo de danza inspirados en montaxes de Pina Baush e Dimistris Papanaiou, ecos de grandes escenas clásicas do cinema como escenas inesquecibles do Gran Ditador de Charles Chaplin ou de literatura infantil (Alicia) como se reflicte no propio título O Futuro ao outro lado do espello

 É unha obra que se estreou o 28 de abril no Salón de Actos do IES Xohán Carballeira de Bueu, sé da Mostra de Teatro de Ensino Secundario na presente edición. Os espectadores presenciaron logo unha sucesión de imaxes escénicas diversas que denominamos: Camiñamos, Escoitando a Terra, Cambio Climático, Traballo, Morte e Amor, Illa das Mulleres e o Futuro ao outro lado do espello. Son sete grandes escenas coas que pretendemos interpelar os medos ao porvir, ao mesmo tempo que, como persoas en formación, nos respondemos a nós mesmas sobre as interrogantes do noso futuro.    


ELENCO                       VER O VÍDEO DA REPRESENTACIÓN EN BUEU


  MULLERES ANTE O ESPELLO: Rocío López (ALICIA), Carla Núñez (MORTE MOURA) Greta Sampedro (MORTE BRANCA), Alba Capa (xornalista),  Mar Madero (xornalista), Claudia Cárcer (xornalista), Sara Fraile (xornalista), Cristina Boullosa, Sara Catalán e Kelly González.

HOMES ANTE O ESPELLO: Óscar Mathieu, Brais Sestelo, David Fuentes (xornalista), Alex Díaz e Iago Otero.

MÚSICAS ANTE O ESPELLO: Ainhoa del Río, Uxía Novegil.

MONTAXE AUDIOVISUAL: Luís Fuentes

LUZ: Antía Argibay

SON: Breixo Pazos

ESCENOGRAFÍA: Darío Suárez e Teresa González

ADAPTACIÓN DOS TEXTOS E DIRECCIÓN: Héctor Silveiro

Representación no noso centro

Programa da XXV MOTESMO

PEQUENO ÁLBUM FOTOGRÁFICO








 Máis información







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

REINCORPORÁMONOS Á XXV MOSTRA DE TEATRO DE ENSINO SECUNDARIO DO MORRAZO NO 2023

 IN MEMORIAM:  BRAIS SESTELO No día de representación na XXV MOTESMO en Bueu A AULA DE TEATRO SEI SAN NARCISO VOLVEU Á MOSTRA DE TEATRO DO E...