16 novembro 2025

UNHA NOVA ETAPA DE TRANSICIÓN DA AULA DE TEATRO (I): DO 2011 ao 2018...

         Houbo na historia particular da Aula de Teatro do San Narciso unha etapa que chamamos con certa xenerosidade,  "etapa de transición" porque se sitúa entre dous períodos de efervescencia e ilusión que se dirixiron tanto á creación como ao compromiso por poñer a andar a Mostra de Teatro de Ensino Secundario do Morrazo (1997-2011) e a nova incorporación do noso centro ás Mostras de Teatro (2023). Definir esta longa etapa con algo máis que un adxectivo como de longa resulta complexo porque estes once cursos foron diferentes e se hai algo que marcara esta etapa substancialmente foi que o noso centro pasou tamén por unha complicada etapa de transición referida a súa titularidade. Os Padres Paúis nestes once anos primeiro compartiron, logo cederon e, finalmente, deixaron de exercer a dirección do seu histórico centro concertado en Marín que foi asumida en 2019 polo Grupo SEI. 

Tríptico da Mostra de Teatro do 2011 coa obra que non chegamos a representar

 Curso 2011: "BAILANDO CO TEMPO", unha montaxe que non chegou aos escenarios

Os primeiros dous cursos 2011-12 e 2012-13 desta etapa podemos dicir que aínda traballamos coa idea de acudir á Mostra de Teatro de Ensino Secundario do Morrazo, non eramos conscientes de que se estaba ía producir un momento de crise que esixiría afrontar cambios irreversibles. Bailando co tempo foi a montaxe onde se percibiron os primeiros síntomas de que estabamos ante unha nova etapa.

Ensaios de Bailando co tempo


Alfonso Calvar, profesor de Primaria e membro da Aula de Teatro ensinando a bailar o tango,
unha das súas últimas colaboracións realizadas antes de xubilarse. 

Unha montaxe pensada para levala á Mostra de Teatro de Ensino Secundario do Morrazo que non chegou a rematarse nin a representarse. O título: BAILANDO CO TEMPO parece, pasados os anos, premonitorio.  Aproveitamos estas liñas para lembrar o labor de Alfonso Calvar, un dos nosos mestres de Primaria, que de vello viña colaborando estreitamente coa Aula de Teatro especialmente cando se tratába de realizar bailes de salón, que el dominaba xa que levaba anos competindo nesta categoría en certames a nivel estatal. Nesta montaxe ía ter unha gran importancia tratábase de contar a nosa historia recente desde 1900 ata á actualidade a través do baile. Lamentablemente a representación non se chegou a realizar por un malentendido co director do centro.  O motivo principal foi a negativa a conceder un tempo extra para os ensaios do último mes antes da actuación prevista da Aula de Teatro a raíz da cal se acorda non acudir á Mostra e deixar a actividade teatral por completo naquel curso. 



CURSO 2012: Manuela Rodríguez deixa a dirección da Aula de Teatro do San Narciso


Este curso foi no que Manuela Rodríguez deixa a docencia no Colexio San Narciso para incorporarse de cheo ao seu labor na prestixiosa editorial Kalandraka. Isto implicou que tamén deixara a dirección da súa Aula de Teatro que tantas alegrías e tantos desvelos lle deu. Unha perda insustituíble á que nos debiamos repoñer.  Grazas a ela mantivose, enriqueceuse e asentouse no tempo a Aula, á que chegara para dinamizala e actualizala despois dunha crise e un breve parón despois dunha etapa previa de Xosé Cortizo.  Esta situación provocou obviamente un certo baleiro e un impás que marca con claridade o comezo dunha nova etapa na que Héctor Silveiro e Darío Suárez, botando mao puntualmente doutros docentes como Adolfo Caamaño e Teresa González, como xa explicaremos máis abaixo iniciamos de pleno esta nova etapa que denominaremos de transición.

Aínda así fixemos algunha montaxe sobre textos de MADE IN GALIZA de Sechu Sende que dramatizamos para vertebrar unha iniciativa do Equipo de Normalización do centro. 


CURSO 2013: O Teatro nas Letras Galegas




A AULA DE TEATRO DO SAN NARCISO realizou unha homenaxe a un dos máis importantes dramaturgos das nosas letras coa estrea, o día 3 de xuño, de dúas adaptacións sobre textos de Roberto Vidal Bolaño. Os textos seleccionados foron a súa polémica visión de Rosalía de Castro: Agasallo de sombras e unha versión libre do texto que Bolaño preparou baixo o título: A ópera de a patacón (unha obra adaptada, a súa vez, por Roberto sobre textos de J. Gay e B. Brecht.

O elenco da nosa adaptación de Agasallo de Sombras 


Un traballo centrado nas primeiras escenas da obra Agasallo de sombras que os alumnos/as de 1º de Bacharelato puxeron en escena. A seguir incluímos o reparto:

ACTUARON AS SEGUINTES SOMBRAS:
Rosa: Alba Amoedo
Aurelio Aguirre: Pablo Feijoo
Manuel Murguía: Daniel Pousada
Dona Tareixa: Pilar Iglesias
Eduardo Pondal: Alejandro Abuín
Rosalía: Belén Santaclara
Mulleres: Raquel Guerra, Dennis Omil, María Viñas.
Músico: Juan Rogel
Tuno: Roberto Otero
Narradora, muller: Carolina Suárez
LUZ E SON: Gonzalo Otero e Adrián Márquez.
Escenografía: Darío Suárez
Dirección: Héctor Silveiro.

A segunda é un traballo que os alumnos/as de 4º da ESO levan preparando desde hai meses.



A ÓPERA DE A PATACÓN, de Roberto Vidal Bolaño. Adaptación dunha obra de Bertold Brecht, coa que homenaxea ao dramaturgo e poeta alemán. Mais a obra orixinal era a ópera dos mendigos dun autor inglés do século XVIII, polo que a acción se sitúa en Londres.         Cos alumnos/as de 4º da ESO B preparamos unha versión especial do texto do dramaturgo galego homenaxeado este a ano con motivo do Día das Letras, un traballo de adaptación de "A ópera de a patacón" no que o propio Roberto Vidal Bolaño traballou sobre unha vella peza inglesa rescatada polo gran mestre do teatro europeo Beltolt Brecht.

Foi unha forma distinta de coñecer a Vidal Bolaño, de saber o que é o teatro, do traballo que está detrás dunha obra dramática, das dificultades do proceso de representación dunha obra. Levamos meses traballando e para moitos é a primeira representación deste estilo que realizamos. 

AULA DE TEATRO SAN NARCISO
ACTÚAN:
Mackie: Ángel Area.
Jenny: Cristina García.
Tigre Brown: Jorge Pazos.
Policía: Miguel A. Pazos.
Conciencia-Narradora: Lucía Pereira.
Celia Peachum: Ana Pérez.
Narradora-Redactora: María É. Portabales.
Doutor Neil: Pablo Quiroga.
Soldado: Sergio Recuero.
Polly Peachum: Carla Rodríguez.
J.J. Peachum: Juan Rosales.
M. Blake: Diego Sobral.
Mary Tailer: Andrea Venn.

Músicos: Javi Bueno e Fernando Pardavila.
Luz e Son: Adrián Pazos e Omar Tilve.
Decorados: Darío Suárez e Teresa González.
Dirección: Héctor Silveiro.




































































































CURSO 2014: Asumindo esta etapa de transición

Despois do primeiro traballo asumimos con calma novos proxectos sen deixar de celebrar o Día Mundial do Teatro na biblioteca do centro:


Día mundial do Teatro na Biblioteca. 

Este curso realizamos tamén unha montaxe audivisual a partir dun tema de Guadi Galego: Matriarcas.


CURSO 2015: Acudindo ás raíces gregas do teatro


Acto na biblioteca sobre a orixe grega do teatro

Representación final de curso: 





REPORTAXE GRÁFICA

VÍDEOS DA REPRESENTACIÓN



CURSO 2016: Un ano olímpico

Baixo un sol torrido de verán levamos a cabo unha nova edición das Olimpíadas Clásicas San Narciso iremos subindo imaxes e información a modo de reportaxe sobre a experiencia que vivimos en primeiro plano os alumnos/as de 3º e 4º da ESO, constituídos en Aula de Teatro San Narciso. representamos unha montaxe antes de realizar as probas deportivas como cerimonia de inauguración das Olimpíadas. Nesta cerimonia pretendíase explicar dun xeito didáctico sobre a OLIMPIA, a orixe mitolóxica dos Xogos Olímpicos na Antiga Grecia. 


CURSO 2017: Na procura de novas experiencias teatrais


Neste curso a Aula de Teatro creamos e representamos unha obra de teatro de reminiscencias mitolóxicas.


LABIRINTO DE CARENCIAS 

ARIADNA CEGA: Iria Fazanes.

ARIADNA CLÁSICA: Lara Loira

MINOTAURO: Aarón Bon.

VÍTIMAS NO LABIRINTO: Antía Novegil, Camila Vilas.

ARIADNAS: Andrea Calvar, Erika Blanco, Paula Acuña, Mery Iglesias, Carla Martínez, Emily Cerqueiro,  Andrea Iglesias.

TESEOS: Manuel Alvariñas, Nicolás Area, Nicolás Simes,  Rodrigo Agraso, Antonio Guimeráns, Emilio Iglesias, Isaac Vázquez.


LUZ e SON: Pablo García Covas e Iria Fazanes.

ESCENOGRAFÍA: Darío Suárez.

TEXTO e DIRECCIÓN:  Héctor Silveiro


 PROGRAMA E REPORTAXE GRÁFICA                                                   

Aula de teatro San Narciso xuño 2017. 


UNHA NOVA ETAPA DE TRANSICIÓN DA AULA DE TEATRO (I): DO 2011 ao 2018...

            Houbo na historia particular da Aula de Teatro do San Narciso unha etapa que chamamos con certa xenerosidade,   "etapa de t...