16 novembro 2025

UNHA LONGA ETAPA DE TRANSICIÓN DA AULA DE TEATRO (II): Do 2018 ata o 2022.


CURSO 2018:  Un proxecto feminista de corazón e con futuro

O 21 de marzo no Museo Torres de Marín presentamos á Comunidade Escolar do San Narciso o proxecto: Corazón de futuro, voz de muller.

O día 21 de xuño realizamos ás 9,30 h. unha montaxe nas gradas do patio do San narciso para comezar un gran Acto de Clausura, cuxa primeira parte denominámolo: EU TAMÉN NAVEGAR. Este primeiro acto musical e escénico no que participan  practicamente a totalidade dos alumnos/as do centro nas pistas do centro en distintas intervencións dos distintos cursos de Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato coa idea de rachar co silencio milenario da muller na historia.

11 h.  CONCURSO DE TEATRO CLÁSICO SAN NARCISO baixo o lema "Corazón de futuro, voz de muller" no que máis de 80 alumnos/as de Secundaria representarán no Salón de actos un total de 8 pezas teatrais dunha duración aproximada de 15 minutos cada unha que se levarán a cabo en dúas sesións cun breve descanso de 12 ás 12,30.

13,30 h. Ao final das representación terá lugar a votación e posterior entrega de catro premios deste 1º Concurso de Teatro Clásico San Narciso de temática feminina: Mellor traxedia, mellor comedia, mellor actor e mellor actriz.

Tamén se presentaron no Salón de Actos diversos traballos realizados durante o curso por alumnos da ESO e Bacharelato co obxectivo de darlle voz ás mulleres nas nosas aulas. Abecedario da muller dos Departamentos de Lingua e Literatura da ESO e video-creación sobre as filósofas e feminismo de Filosofía en Bacharelato).

Con este mesmo obxectivo en diversos espazos do centro estiveron expostos traballos de Plástica,  Ciencias Sociais e as Titorías de 1º da ESO, ademais dos propios da Biblioteca do noso colexio.

                                                            1º CONCURSO DE TEATRO CLÁSICO SAN NARCISO

21 de xuño 2018

Lema: “CORAZÓN DE FUTURO,VOZ DE MULLER”

Sesión teatral 1ª parte de 11h-12h.  

(asisten: 5º e 6º de Primaria e Secundaria)

-          1º ESO A:  A MULLER FALA

-          2º ESO B:  INÉS DE CASTRO (non se representou)

-          3º ESO B:  ATALANTA, UNHA HEROINA NUN MUNDO DE HEROES.

-          3º ESO A:  ECO E NARCISO


Sesión teatral 2ª parte  12,30 h.- 13,30 h. (asiste só Secundaria)

-          3º ESO B:  TROIANAS 

-          4º ESO B:  ANTÍGONA 

-          3º ESO A:  PANDORA, A PRIMEIRA MULLER. 

-          4º ESO B: A REVOLTA DAS SABINAS

VOTACIÓN: O público asistente (alumnos/as do San Narciso) votou as obras representadas para escoller os premios anteditos. As representacións estiveron abertas aos pais e nais do centro ata cubrir o aforo do salón de actos.



PREMIOS:

Mellor comedia:A REVOLTA DAS SABINAS 4º ESO

Mellor traxedia: ANTÍGONA 4º ESO

Mellor actriz: MANU ALBARIÑAS 4º ESO B

Mellor actor: ANDREA IGLESIAS 4º ESO B

CRÓNICA VISUAL DO  1º CONCURSO DE TEATRO CLÁSICO SAN NARCISO

VÍDEOS DAS OBRAS REPRESENTADAS

REPARTO DAS OBRAS REPRESENTADAS

1º ESO: A MULLER FALA




3º ESO A representaron: 

ECO E NARCISO (Traxedia)

Unha historia de amor frustrado sobre o mito grego e a versión da Aula de Teatro San Narciso Narciso na procura do eu.


NINFAS: Antía Almeda Omil, Laura Entenza Alfonso, Alicia Ferradás

HERA: Alexia Pereira Pazos

ADIVIÑO: Oliver Loira Fernández

PAI DE NARCISO: Víctor Correa Cousiño

NAI de NARCISO: Nerea De la Torre Fariña

MOZAS : Esther Aragón Vidal, Antía Carballo, Saray García Budiño

NARCISOS: Luis Caíño, Raúl Carracelas, Francisco Estevez Acuña, Iván Fernández Cortegoso, Juan M. Montes Tobío.

NARCISO: Rubén Carnero Parada

ECO:  Antía Coto Filgueira

Música:  Guadi Galego (Espido)

DIRECCIÓN: Héctor Silveiro


PANDORA, A PRIMEIRA MULLER  (Comedia)

Unha comedia sobre a creación da humanidade na mitoloxía grega.  Os homes feitos por Prometeo e  Pandora, a primeira muller.


HESTIA:  Antía Almeda Omil

ARTEMIS:  Laura Entenza Alfonso

PANDORA:  Alicia Ferradás Orovero ( baixa por lesión) actuará no seu lugar Antía Coto.

HERA: Alexia Pereira Pazos

HERMES: Rubén Carnero Parada

PROMETEO: Juan M. Montes Tobío

EPIMETEO: Oliver Loira Fernández

XEA: Nerea De la Torre Fariña

ATENEA : Esther Aragón Vidal

AFRODITA: Antía Carballo

DEMÉTER: Saray García Budiño

HEFESTO: Raúl Carracelas

ZEUS: Francisco J. Estévez Acuña

DIRECCIÓN: Héctor Silveiro


3º ESO B representaron:

TROIANAS, BOTÍN DE GUERRA. (Traxedia)

Sobre o texto da traxedia de Eurípides e ideas da última montaxe no teatro profesional con textos de Carme Portaceli.


POLIXENA: Belén Dominguez Moreira

HÉCUBA: Zaira Souto Vieytes

ANDRÓMACA: Carmen Núñez Millán

CASANDRA: Sandra Villaverde Dopazo

TROIANAS: Cristina Quintana,  Uxía Rosales Breasco, Antía Sestelo López

TALTIBIO: Hugo Pérez 

HERALDO: Pablo Portas Rivas

SOLDADOS GREGOS: X. Antón Alonso García, Diego Carragal, Manuel Otero Pazos, Diego Pazos, Sergio Pérez Loveira

DIRECCIÓN E ADAPTACIÓN DO TEXTO: Héctor Silveiro


ATALANTA, UNHA HEROINA NUN MUNDO DE HEROES (Comedia)

Unha recreación en clave de comedia do mito de Atalanta, unha das poucas mulleres destacadas como heroinas do mundo clásico.


CAZADOR E CORREDOR: X. Antón Alonso García

MELEAGRO: Diego Carragal

HIPÓMENES: Manuel Otero Pazos

CENTAURO E SERVO:  Diego Pazos

CAZADOR: Hugo Pérez

PAI DE ATALANTA: Sergio Pérez Loveira

XABARÍL DE CALIDÓN e CORREDOR: Pablo Portas Rivas

NAI DE ATALANTA: Cristina Quintana

AFRODITA: Uxía Rosales Breasco

CUPIDO: Diego Santiago

ARTEMISA: Belén Dominguez Moreira

ATALANTA. Antía Sestelo López

DIRECCIÓN E ADAPTACIÓN DO TEXTO: Héctor Silveiro


4º ESO


Cartel de Mayte Calvar


Foto de Mary Iglesias
ANTÍGONA 

A partir da versión galega da Aula de Teatro San Narciso: Palabras para Antígona de Sófocles a Anouilh.Antígona: Andrea Iglesias Beltrán

Ismene: Ángela Santiago

Creón: Rodrigo  Pazos

Hemón: Manuel Albariñas

Eurídice: Iria Aguete

Soldados: Rubén Iglesias e Fernando Sobral

Vídeo: Mary Iglesias

Dirección: Héctor Silveiro.


Cartel de Mayte Calvar

A REVOLTA DAS SABINAS

 É unha comedia  traída da Atenas Clásica dende a Lisístrata de Aristófanes aos tempos da Fundación de Roma e adaptada por nós mesmos/as.

Hersila: Andrea Iglesias Beltrán

Sabinas raptadas: Ángela Santiago, Mayte Calvar e Iria Aguete

Tito Tacio, rei Sabino: Rodrigo  Pazos

Rómulo, rei de Roma: Manuel Albariñas

Albano: Rubén Iglesias

Sabino: Fernando Sobral

 Adaptación e dirección: Héctor Silveiro.




CURSO 2019: Un curso cargado de experiencias teatrais 


XORNADA DE TEATRO CLÁSICO EN DIVERSAS LINGUAS: 

Como consecuencia das lecturas e de distintos traballos de aula da 2ª avaliación, así como da celebración do Día da Poesía e do Teatro decidimos o 11 de abril, despois das distintas probas poñer en marcha unha especie de programa de radio guiado polas Meigas da Lingua (do Equipo de Normalización) no que se presentasen distintas representacións teatrais, algún recitado e algún baile por parte dos distintos cursos de Secundaria da ESO e Bacharelato.


A seguir colgamos unha especie de reportaxe gráfica desta Xornada de Teatro Clásico que tivo como fío condutor ou lema unha interrogante: Que nos di o corazón? porque unha boa parte, senón todas as dramatizacións tiñan o amor como elemento común.

As presentadoras da actividade simulando un programa de radio: As Meigas da Lingua
(do Equipo de Normalización) Raquel, Rosalía, Alba e Irene de 2º ESO A.

Unha explicación dramatizada sobre a Orixe do teatro da man das Musas: Claudia, Antía, Alba, Lucía, Ángela e Aroa de 3º ESO B-

Logo comezaron as representacións en distintos idiomas. 1º ESO B representou unha serie de escenas clave do D.Juan Tenorio de Zorrilla:





Iria e Noa de 1ºESO A usaron o francés dunha canción de amor de Louane Emera para o seu recitado que foi acompañado dunha singular do seu compañeiro Roberto :


Oa alumnos/as de 2º da ESO A realizaron unha adaptación da coñecida farsa de Castelao o lance I de Lela e Saturio de "Os vellos non deben de namorarse":



Os alumnos/as de 3º ESO A dramatizaron o mito de Eco e Narciso:

Alumnos/as de 4º da ESO representaron a continuación algunhas das escenas máis representativas do drama de Lorca "Bodas de Sangre":


Logo viñeron a representar varias escenas da "Tragicomedia de Calisto y Melibea" tamén coñecida como " La Celestina" alumnos/as de 1º de Bacharelato:




Os alumnos/as de 4º ESO B dramatizaron tamén un texto narrativo de Séchu Sende: Uf!


A seguir sorprendéronnos cunha currada coreografía  Sabela de 3º da ESO A e Nerea e Ainara de 2º ESO B:


E  os alumnos/as de 2º ESO B dramatizaron un par de cancións: Reggae dos mariñeiros e Rexurdimente, esta última sobre un texto de Rosalía de Castro:

 




Para rematar alumnos/as de Bacharelato interpretaron en inglés as escenas clave do drama de Shakespeare " Romeo e Xulieta":




















Unha reportaxe fotográfica  máis completa no seguinte enlace: 

  XORNADA DE TEATRO CLÁSICO  


DO II CONCURSO DE TEATRO CLÁSICO SAN NARCISO

 No mesmo curso 2018-19 realizamos o II CONCURSO DE TEATRO CLÁSICO SAN NARCISO 

Lema: "Sementando a esperanza"

19 de xuño 2019 

Salón de actos do San Narciso

1ª parte: 

- 2º ESO A   "Pimpinela" (Os vellos non deben namorarse) de Castelao.

- 4 º ESO B  "O RAPTO DE PROSERPINA"

- 3º  ESO A   "ORFEO E EURÍDICE"

- 3º ESO B   "O XUIZO DE PARIS"

2ª parte:

- 4º ESO B "AS MULLERES E ENEAS"

- 3º ESO A "ANFITRIÓN" de Plauto.


- 3º ESO B "MULLERES QUE NON SÓ FIARON LA"

- 4º ESO     "MEDULIUM" ( que non foi representada finalmente)

Premios:

  • Mellor Traxedia: ORFEO E EURÍDICE representada por 3º ESO A
  • Mellor Comedia: ANFITRIÓN representada por 3º ESO A.
  • Mellor Actor: Rubén Carnero de 4º ESO B que interpretou a Hades na traxedia : O rapto de Proserpina e a Eneas na comedia As mulleres e Eneas.
  • Mellor Actriz: Sabela Casal de 3º ESO A que interpretou a Eurídice na traxedia premiada e a Alcmena na comedia tamén premiada.

O xurado foi o público asistente (alumnos/as do San Narciso) 

ENTREGA DE PREMIOS 

Concibido como unha mostra de teatro a partir de temas grecolatinos e sen excluír outros clásicos doutras literaturas, celebramos esta segunda entrega coa participación dos seguintes grupos:

2º ESO A que representaron PIMPINELA, unha adaptación dun dos lances de Os vellos non deben namorarse de Castelao.

PIMPINELA: Raquel Catalán

NAI: Irene García

PAI: Adrián Calvar

MOZO: Carlos Diz

Sr. FUCO: Yerai Pazos

PRÓLOGO: Juan Jesús Fernández

MULLERES: Alba Balagones, Xana García, Rosalía Blanco, Yaiza Blanco, Laura Comesaña.

MORTE: Luis  Fuentes

  • Apuntadora: Xiana Fernández
  • Luz: Alexia Pereira.

Dirección: Héctor Silveiro

Unha magnífica representación con papeis destacados como os de Raquel, Carlos e Yerai dunha obra previamente lida e traballada nas aulas deixando patente que neste curso de 2º ESO A hai bos e futuros actores e actrices para a Aula de Teatro do San Narciso.


OBRAS DO CONCURSO GRECO-LATINO

3º ESO A que representaron a traxedia de ORFEO E EURÍDICE, unha adaptación do coñecido mito, e a comedia de ANFITRIÓN, a famosa obra de Plauto.

ORFEO E EURÍDICE

MUSA: Marta Folgar

ORFEO: Víctor de la Torre

EURÍDICE: Sabela Casal

MULLERES TRACIAS: Andrea Carcer, Antía Domínguez, Sonia Domínguez, Laura Sánchez

PERSÉFONE: Mayra Carramal

ARISTEO: Adrián Martínez

SERPE: Diego Bugallo

CARONTE: Carlos Domínguez

HADES: J.M. R. Curras

Luz e son: Alexia Pereira

Adaptación e Dirección: Héctor Silveiro.

 O mito dos tráxicos amores de Orfeo e Eurídice foron dramatizados despois de traballados nas aulas con gran resolución. A terceira obra posta en escena foi a que o público asistente, alumnos/as da ESO e Bacharelato do noso centro, cualificou como a mellor traxedia representada.  A verdade é que a interpretación foi desigual, pero o conxunto resultou satisfactorio para os espectadores outorgándolle un destacado primeiro posto. Podes ver unha reportaxe fotográfica no blog AULA CLÁSICA.


A NOSA VERSIÓN DA COMEDIA DE ANFITRIÓN (Comedia)

SOSIAS: Marta Folgar

MERCURIO: Mayra Carramal

XÚPITER: Diego Bugallo

ALCMENA: Sabela Casal

ANFITRIÓN: José M. R. Currás

DEUSAS DOS NACEMENTOS: Andrea Carcer, Sonia Domínguez, Laura Sánchez e Antía Domínguez.

Luces: Alexia Pereira

Dirección: Héctor Silveiro

Esta representación logrou o premio á mellor comedia do certame ao contar cun reparto moi entregado e brillante, especialmente o papel de Alcmena, Sabela Casal (Premio á mellor actriz con toda seguridade polo papel que representou nesta obra) ademais dos destacados papeis de Sosias e Mercurio (ambos asumidos con moita "vis" escénica por Marta e Mayra) e como contrapunto a un Anfitrión que tamén disputou o Premio ao mellor actor masculino grazas a esta interpretación.


3º ESO B que representaron a traxedia titulada MULLERES QUE NON SÓ FIARON LÁ baseada en distintas figuras e obras da antiga Grecia, e a comedia O XUÍZO DE PARIS, unha singular pasaxe relacionada coa épica homérica.

MULLERES QUE NON SÓ FIARON LÁ (Traxedia)

MOIRA, PENÉLOPE, TROIANA, MIRRINA, MULLER: Claudia Vilas

MOIRA, CASANDRA, ANTÍGONA, ATENIENSE, MULLER: Ángela Rosales

MOIRA, HÉCUBA, ATENIENSE, MULLER: Antía Vidal

PANDORA, ANDRÓMACA, ISMENE, ATENIENSE, MULLER: Lucía Madero

ARIADNA, TROIANA, LISÍSTRATA, MULLER: Alba Domínguez

TROIANAS, MULLERES: Aroa Farto e Ainara Soto

TESEO: Gabriel Pintos

SOLDADO GREGO, POLINICES, HOME: Julián González

SOLDADO GREGO, ETEOCLES, HOME: Damián Souto,

SOLDADOS GREGOS e HOMES: Martín Rosales, Nicolás Martínez, Víctor Correa, Roberto López e Aythami Sánchez.

Adaptación e dirección: Héctor Silveiro

Esta traxedia trata de facer unha revisión cunha complexa trama que parte da situación da muller na antiga Grecia cuxo sometemento nun mundo de homes está asociado ao nobelo de lá ou ao fíos que a simbolizan dende o seu nacemento. Pasan pola escena as Moiras, deusas do Destino, Pandora, a primeira muller, Ariadna traizoada por Teseo, Penélope que espera tecendo ao seu home que foi á guerra de Troia, as troianas vencidas e escravas dos gregos, Antígona e Ismene que defenden posturas contrarias ante o poder irracional dos homes e Lisístrata, que promove a revolta das mulleres atenienses contra a guerra, lida en clave de traxedia esperanzada, da man das mulleres que se cuestionan o seu papel nunha sociedade dominada e dirixida polos homes. 


O XUÍZO DE PARIS (Comedia)

HELENA: Alba Domínguez

ATENEA: Lucía Madero

HERA: Claudia Vilas

AFRODITA: Ángela Rosales

ZEUS: Julián González

HERMES: Roberto López

ARES: Martín Rosales

POSEIDÓN: Aythami Sánchez

DIONISO: Damián Souto

HADES: Victor Correa

HEFESTO: Gabriel Pintos

ARTEMISA: Ainara Soto

TETIS: Aroa Farto

PELEO: Santi Otero

ERIS: Antía Vidal

PARIS: Nicolás Martínez

Adaptación e dirección: Héctor Silveiro.

A comedia escollida para representar por 3º ESO B xira ao redor do que se deu en chamar vulgarmente  como "o primeiro  concurso de beleza", a desputa das deusas Hera, Atenea e Afrodita pola mazá de ouro que finalmente o principe troiano Paris entrega á deusa que lle prometera a muller máis fermosa do mundo, Helena de Esparta. Reportaxe fotográfica no blog AULA CLÁSICA .


4º ESO B que representaron a traxedia O RAPTO DE PROSERPINA e a comedia AS MULLERES DE ENEAS ambos sobre textos moi populares da literatura latina.

O RAPTO DE PROSERPINA(Traxedia)

A segunda representación correu a cargo do curso máis veterán de 4º da ESO B que acadou un destacado segundo posto nas votacións á mellor traxedia.  Invitámosvos a ver unha reportaxe fotográfica e o elenco de actores e actrices entre outros detalles na entrada dedicada as representacións deste grupo no seu blog AULA LATINA. 

PROSERPINA: Antía Coto

CERES: Laura Entenza

HADES: Rubén Carnero

HELIOS: Iván Fernández

XUNO: Nerea de la Torre

MERCURIO: Daniel Tilve

Luz e son: Alexia Pereira

Adaptación e Dirección: Héctor Silveiro.


AS MULLERES E ENEAS (Comedia)

CREÚSA: Antía Coto

VENUS: Antía Carballo

ENEAS: Rubén Carnero

DIDO: Laura Entenza

LAVINIA: Nerea de la Torre

Luz e Son: Alexia Pereira

Adaptación e Dirección: Héctor Silveiro

Foi un traballo no que colaboraron compañeiros de 4ºESO B que non cursaron Latín sobre o que descansou, por exemplo, o papel de Eneas (Rubén Carnero, gañador do premio ao mellor actor), un dos papeis imprescindibles e aos que agradecemos a súa colaboración.  A actriz que acadou maior puntuación foi Antía Carballo e logo Laura Entenza e Antía Coto.

A presente crónica vaise acompañar dunha reportaxe fotográfica extraordinaria obra do profesor Alberto Rouco, un gran fotógrafo ao que agradecemos a súa pericia e xenerosidade.


CURSO 2020: Un curso en branco e sen teatro

A pandemia levouse por diante varios proxectos teatrais como o de dramatizar a novela de Jaureguizar O bosque pálido.  


CURSO 2021: Retomando a actividade

No mes da muller e para celebrar o Día da Poesía e o Día do Teatro e a pesar da COVID-19 realizamos un encontro coa autora marinense Lara Dopazo Ruibal e logo representamos unha minipeza teatral a partir dun texto da nosa alumna Carmen Rosales de 3º da ESO B titulado "O xardín do pexegueiro".  Nesta ocasión varios compañeiros e compañeiras deste mesmo curso déronlle forma ao texto fóra do teatro no patio escolar: 



Traballamos nesta terceira edición do concurso para poñer en escena un programa de Traxedias e Comedias ben completo:

TRAXEDIAS

- MULLERES DE TROIA (sobre textos das Troianas de Eurípides) 3º ESO A

- ARDE DIDO (sobre textos da Eneida de Virxilio) 4º ESO

- ANTÍGONA (sobre textos da obra do mesmo nome de Sófocles ) 3º ESO B


COMEDIAS

- AMOR ou INTELIXENCIA? (sobre textos da Odisea de Homero ) 3º ESO B

- PENÉLOPE ou  CIRCE? (sobre textos da Odisea de Homero) 3º ESO A

- ANFITRIÓN  (sobre textos da comedia do mesmo nome de Plauto) 4º ESO


PREMIOS

Os premios do TERCEIRO CONCURSO DE TEATRO CLÁSICO SAN NARCISO :

PREMIO Á MELLOR COMEDIA: 3º ESO B pola obra AMOR OU INTELIXENCIA?

PREMIO PARA O MELLOR ACTOR CÓMICO: Mateo de la Torre Carril (3º ESO A) polo seu papel de Odiseo na obra: Circe ou Penélope?

PREMIO PARA A MELLOR ACTRIZ CÓMICA: Raquel Catalán Rodríguez  (4º ESO-LATÍN) polo seu papel de Alcmena na obra Anfitrión de Plauto.

PREMIO Á MELLOR REPRESENTACIÓN TRÁXICA:  3º ESO B pola obra ANTÍGONA.

PREMIO PARA O MELLOR ACTRIZ DE TRAXEDIA: Andrea Sanjorge Barcia polo seu papel de Antígona na traxedia do mesmo nome.

REPORTAXE GRÁFICA


REMATAMOS O CURSO "FALANDO DA TOPONIMIA DE MARÍN", UN PROXECTO TEATRAL MOI  ESPECIAL

Mais este curso remataría con máis teatro, o 21 de xuño de 2021 representamos co alumnado de 2º da ESO  FALANDO DA TOPONIMIA DE MARÍN, no transcurso dunha fermosísima e merecidísima Homenaxe a Elixio Rivas Quintás unha dramatización inspirada no libro sobre toponimia deste autor e creada para a ocasión pola Aula de Teatro San Narciso.  



CURSO 2022: Unha cuarta e polo de agora última edición do Concurso de Teatro Clásico.

Coa idea de volver á Mostra de Teatro de Ensino Secundario o labor teatral da Aula do San Narciso modificará os seus criterios ao longo do curso 2022-23. De todos os xeitos o mes de xuño de 2O22 realizamos a que polo de agora é a última edición do Concurso de Teatro Grecolatino.

 TRAXEDIAS

EDIPO REI  adaptación do texto de  Sófocles

Actuaron  baixo a dirección de Héctor Silveiro os seguintes alumnos/as de 3º ESO A


EDIPO: Dani Malvar

IOCASTA: Alejandra Blanco

ANTÍGONA: Sara Fragueiro

ISMENA: Sara Catalán

CREÓN: Samuel Rey

TIRESIAS: Hugo Torío

LAIO: Pablo Maquieira

PÓLIBO: Alejandro Díaz

MÉROPE: Claudia Vázquez

PITONISA: Paola Rosales

MENSAXEIRO TEBANO: Dani Area

PASTOR CORINTIO: Hugo Chornet

ESFINXE DE TEBAS: Daniela Vilán

SOLDADO DE LAIO: Mario Silva

TEBANO 1: David Graña

TEBANO 2: Abel Martínez

NODRIZA: Sabela García

 E rematamos esta longa etapa para comezar xa no seguinte curso co PROXECTO: ALICIA OU GALICIA?  que desenvolveriamos ao longo do curso 2022-2023 e que concluímos coa representación da obra O FUTURO AO OUTRO LADO DO ESPELLO que podes ver na seguinte anterior entrada desta sección. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

UNHA NOVA ETAPA DE TRANSICIÓN DA AULA DE TEATRO (I): DO 2011 ao 2018...

            Houbo na historia particular da Aula de Teatro do San Narciso unha etapa que chamamos con certa xenerosidade,   "etapa de t...