03 setembro 2024

AS MULLERES DETRÁS DE PICASSO, Aula de teatro Sei SAN NARCISO 2024

XXVIª MOSTRA DE TEATRO DE ENSINO SECUNDARIO DO MORRAZO                             

     Marín, 23 de abril 2024



AS MULLERES DETRÁS DE PICASSO, 

NIN MUSAS NIN SUBMISAS

    Unha obra dramatizada a partir do libro de Eugenia Tenenbaum 

    pola AULA DE TEATRO SEI-SAN NARCISO

 In memoriam de Brais Sestelo López,  segues con nós sobre o escenario. 

 

    Unha traxedia, si, démoslle forma de traxedia ao libro homónimo de Eugenia Tenenbaum, un traballo de investigación impactante que a historiadora da arte converteu en distintos textos literarios acompañados con breves biografías das mulleres que sufriron á sombra de Picasso, detrás do autor malagueño do que se celebrou en 2023 o cincuenta aniversario da súa morte. 

     A Aula de Teatro representa unha traxedia, si, porque é un berro contra a historia chea de silencios: Institucionais, académicos, persoais e colectivos dos que dalgún xeito somos cómplices a non ser que rachemos con eles. Porque detrás de cada caso de violencia de xénero, hai centos de silencios e condutas reprobables que non podemos calar.  Debemos lograr recompoñer a historia, construír unha sociedade mellor.

  Partimos, pois, do símbolo da sombra do descoñecemento no que estas mulleres permanecen detrás do pintor, que se presenta ante nós con múltiples rostros, mesmo ata transformarse nun monstruoso Minotauro capaz de innumerables actos violentos que se van tinxindo co sangue de todas elas,  enchoupado en sangue como evidencia desa violencia que exerce na relación tóxica que mantivo con elas.   Fernande Olivier, Dora Maar, Olga Klokhova, Marie Theresse Walter, François Gilot, Genieve Laporte ou Jacqueline Roque seguen a estar eclipsadas polo nome e a dimensión do tantas veces considerado xenio da pintura do século XX.  Pero quen son elas? Hoxe están mortas, mais pretenden contarnos a súa historia para que cambiemos o xeito de mirar a arte, tamén a súa arte.  Quen sabe que Dora Maar foi quen lle deu ao artista as claves para pintar o Guernika, ou que a súa última esposa foi quen o trouxo a Madrid ou que el quixo prohibir a publicación do libro de Françoise Gilot titulado:  A miña vida con Picasso.  Esta última, a muller que di non, liderará en vida unha resposta contundente ao malagueño. Desenmascarar a realidade e descubrir quen era, porque como el mesmo dicía: “O importante é quen son”.

     Na nosa dramatización engadimos personaxes que dalgún xeito contribúen a retratar o cadro das súas vidas xunto con acontecementos colectivos tan relevantes como a 1ª Gran Guerra e 2ª Guerra Mundial, a Revolución Soviética ou a Guerra Civil española do 36.  Cada unha das mulleres manifesta a súa frustración ante o público para esixir unha nova lectura, unha mirada inqueda á historia da arte, unha visión nova e completa sobre o feito creativo no que o contexto non se deixa á marxe, nin é invisible baixo a xenialidade dos artistas. Veñen, pois, falar coa idea de rematar coas sombras nas que permanecen, coma elas, tantas e tantas mulleres ao longo da historia.

A Aula de Teatro coa autora do textos versionados tras da representación

AULA DE TEATRO SEI SAN NARCISO (MARÍN)

 FRANÇOISE GILOT: Rocío López

 GERMAINE/DORA MAAR: Ainhoa del Río

 FERNANDE OLIVIER: Claudia Méndez

 EVA GOUEL, Mme. RENAULD: Carmen Estévez

 XERTRUDE STEIN E SILVETTE DAVID:  Emma Freire

 OLGA KHOKHLOVA:  Cristina Boullosa

 MARIÉ THÉRESSE: Uxía Novegil

 GENIEVE LAPORT:  Victoria Gil

 JACQUELINE: Antía Argibay Dopazo

PICASSOS, MINOTAUROS E OUTROS HOMES: Diego González, Iago Otero,

Quercus Troitiño, Álex Díaz, David Fuentes, Óscar Mathieu e Mulu Nieto.

PAULO PICASSO: Hugo García Muñiz.

MÚSICA EN VIVO: Ainhoa del Río (acordeón), Antía Argibay (voz e piano).

TEMAS MUSICAIS: Guadi Galego, Abraham Cupeiro, As Fillas de Cassandra.

LUZ E SON: Breixo Pazos e Hugo Rosales.

ESCENOGRAFíA: Teresa González e Darío Suárez.

DIRECCIÓN e DRAMATIZACIÓN DOS TEXTOS:  Héctor Silveiro.

 

 PARA VER A REPRESENTACIÓN:                 Vídeo


"Só separamos a obra do artista cando hai que entrar nas sombras"

EUGENIA TENENBAUM (Santiago de Compostela, 1996) Galega afincada en Madrid.  É unha historiadora da arte, comunicadora cultural, autora e activista feminista e LGBT+.

Tenenbaum tomou o seu pseudónimo da película The Royal Tenenbaums de Wes Anderson.​ Comezou o seu traballo como publicista en redes sociais e, en 2022, publicou o seu primeiro libro La mirada inquieta, no que introduce a perspectiva de xénero no mundo da arte ao longo da historia.​ No seu traballo como publicista tamén trata temas como a literatura, o feminismo, o lesbianismo,... É unha das divulgadoras de arte máis seguidas nas redes en castelán.

Por que as mulleres detrás de Picasso? “Quería poñer o foco nelas totalmente... Falamos das mulleres que existiron a pesar de Picasso realmente... Cabe ter en conta que no século XX xorde este culto ao artista como individuo e que nunca se lle separa da súa obra... unicamente separamos obra de artista cando hai que entrar nas sombras en vez de nas luces. Ao final o que facemos é produto do que somos, e o que somos é produto do contexto no que entramos.”

“Teño a sensación de que se pensa que só desde a perspectiva de xénero, de clase e decolonial se mira ao pasado con ollos do presente,... nunca podemos mirar ao pasado desde outro lugar e, por iso, é necesario facelo desmarcándose dos erros do pasado. Para desmarcarse dos erros do pasado e construír un futuro mellor e máis xusto temos que aprender a nomear as cousas: nada nos separa do século XX se non somos capaces de chamar maltratador ou agresor a quen o foi. O máis importante que ten isto é que nos ensina a compoñente educativa e a compoñente sensibilizadora que pode ter a obra do artista que, precisamente pola súa compoñente delitiva ou violenta, ten moito máis que ensinarnos como sociedade, desde unha lectura feminista que non desde unha lectura sumamente misóxina ou formalista.”

 FOTOS DA REPRESENTACIÓN:

Na primeirra fila Eugenia Tenenbaum tivo a deferencia e o pracer
de asistir ao estreo da obra baseada nos seus textos.





















































COLOQUIO COA AUTORA TRAS AREPRESENTACIÓN




GRAVACIÓN DO VÍDEO PODCATS CON EUGENIA TENENBAUM







REINCORPORÁMONOS Á XXV MOSTRA DE TEATRO DE ENSINO SECUNDARIO DO MORRAZO NO 2023

 IN MEMORIAM:  BRAIS SESTELO No día de representación na XXV MOTESMO en Bueu A AULA DE TEATRO SEI SAN NARCISO VOLVEU Á MOSTRA DE TEATRO DO E...