27 outubro 2024

VÍDEO-PODCATS DA XXVI MOSTRA DE TEATRO DO ENSINO SECUNDARIO DO MORRAZO

 


 ENCONTRO CON PAULA CARBALLEIRA, Premio Nacional de Litearatura Dramática. 

Palabras de Paula Carballeira para a inauguración da XXVI Mostra deTeatro de Ensino Secundario do Morrazo. 

AULA DE TEATRO SEI SAN NARCISO de MARÍNAs mulleres detrás de Picasso, nin musas nin insubmisas) 

Palabras de Eugenia Tenembaum tras da representación feita a partir da súa obra: As Mulleres detrás de Picasso.

COMEDIANTES ANÓNIMOS DO JOHAN CARBALLEIRA de BUEU: Plan de rescate.

GRUPO DE TEATRO IES AS BARXAS de MOAÑA : Crónicas de días enteiros e noites enteiras. 

OBRADOIRO DE TEATRO MARÍA SOLIÑO de CANGAS: Super David e Compañía.

GRUPO DE TEATRO SOLIÑOS DO IES MARIA SOLIÑO de CANGAS: Teatro para neófitos 

GRUPO DE TEATRO COLEXIO EDUARDO PONDAL de CANGAS:  A nova Eva

TEATRO ABERTO (Grupo invitado para a clausura): A trenza dos feitos amargos

XXVI MOSTRA DE TEATRO DE ENSINO SECUNDARIO DO MORRAZO


Cartel da XXVI Mostra de Teatro de Ensino Secundario do Morrazo
da autoría de Judith Diéguez García do IES Johan Carballeira de Bueu



Rolda de prensa co programa da Mostra de Teatro do Ensino
 Secundario do Morrazo
 coa Premio Nacional de Literatura
 Dramática 2024 Paula Carballeira.




 
PROGRAMACIÓN

Martes 23 de abril


10.15 Inauguración da Mostra coa actuación especial do Ballet de Galicia. 
Saúdo de Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2024.



Instantáneas da actuación inaugural do Ballet de Galicia







Entrega do diploma acreditativo da gañadora do Concurso de Carteis da presente edición da Mostra







1ª Representación: 


11.15 AULA DE TEATRO SEI SAN NARCISO (MARÍN): 

AS MULLERES DETRÁS DE PICASSO, NIN MUSAS, NIN SUBMISAS. 

Versión dramática a partir do texto homónimo de Eugenia Tenenbaum.  

 FRANÇOISE GILOT: Rocío López

 GERMAINE/DORA MAAR: Ainhoa del Río

 FERNANDE OLIVIER: Claudia Méndez

 EVA GOUEL, Mme RENAULD: Carmen Estévez

 XERTRUDE E SILVETTE DAVID:  Emma Freire

 OLGA KHOKHLOVA: Cristina Boullosa

 MARIÉ THÉRESSE: Uxía Novegil

 GENIEVE LAPORT:  Victoria Gil

 JACQUELINE: Antía Argibay Dopazo

       PICASSOS, MINOTAUROS E OUTROS HOMES: Diego González, Iago

            Otero, Quercus Troitiño, Álex Díaz, David Fuentes,  Óscar Mathieu, Mulu Nieto.

                 PAULO PICASSO: Hugo García Muñiz. 

                                    MÚSICA EN VIVO: Ainhoa del Río, Antía Argibay. 

                      LUZ E SON: Hugo Rosales e Breixo Pazos.  

                                            ESCENOGRAFíA: Teresa González e Darío Suárez. 

DIRECCIÓN:  Héctor Silveiro.



Sinopse: 

Obra dramatizada pola Aula de Teatro Sei San Narciso a partir do texto honónimo de Eugenia Tenenbaum. É unha reflexión que reivindica liberarse da sombra na que aínda están non só as mulleres que conviviron co artista, senón tamén miles de milleiros de mulleres silenciadas que loitaron, e loitan, contra unha historia cargada de silencios e discriminación. Unha homenaxe ás mulleres que non calaron, que coñeceremos pola boca das que viviron canda ao pintor.  

12,15 COLOQUIO SOBRE A OBRA CON EUGENIA TENENBAUM.  

Charla de actrices e o público coa autora do texto orixinal da obra representada.


                                                                                                   Máis información

Mércores 24 abril

2ª Representación

   10,15. COMEDIANTES ANÓNIMOS DO IES JOHAN CARBALLEIRA (BUEU):

PLAN DE RESCATE

Versión e dramaturxia de Fran Paredes a partir do relato literario de ANTÍA YÁÑEZ

ELENCO: Valeria García, Asier Belaustegui, Andrés Belaustegui, Mateo Barcia, Nicolás Gago e David Cao.  Colaboración especial de Antía Yáñez

VÍDEO: Miguel Mosqueira

ESPAZO LUMÍNICO E SONORO: Santiago Dopazo

PRODUCIÓN: Asun Sóñora e Félix Boullosa

DIRECCIÓN: Rosa Domínguez e Fran Paredes

Sinopse: 

Xeila, Héitor, Aldán e Noel están traballando na aula de apoio do seu instituto co profe David cando algo raro acontece… Ninguén vai crer nada da historia que virá deseguido, porque nela, á parte de moitísimas palabras malsoantes, hai un secuestro, escopetas, policía e un plan de rescate, pero tamén hai amizade, compañeirismo e traballo en equipo de cinco heroes cunhas capacidades extraordinarias… Indicada a partir de 5º de Primaria.


3ª Representación

12.15 GRUPO DE TEATRO IES AS BARXAS (MOAÑA): 

CRÓNICAS DE DÍAS ENTEIROS E NOITES ENTEIRAS

Elenco: África Piñeiro, Alicia Rivas, Noelia Otero

Irene Martínez, Eva Justel, Pedro Seijo, Aldara González,

Laura López, Valeria Pazos, Claudia Fervenza, María Isabel Silva

 

Sinopse: Persoas descoñecidas que se atopan nun mesmo espazo onde poder narrar e confesar anacos da súa vida. Cada unha ten o seu propio final, non dependen os uns dos outros. Como fragmentos de fotografías polaroid, estas almas amósanos as súas realidades.

 

Xoves 25 abril

4ª Representación


10.15 h. OBRADOIRO DE TEATRO MARÍA SOLIÑO (CANGAS):

SUPER DAVID E COMPAÑÍA, de Miguel Sandín.

 

ELENCO:

Xoel Nogueira Hermelo, Leire Portela Otero, Tomás Paredes Santomé, Saúl Paredes Santomé,

Leyre Parcero Vázquez, Alma del Río Rodas e Roque Fernández Estévez.

 

Dirixe, Xoán C. Riobó

 

Sinopse:  Logrará o Megatrío liberarse dos raios policatódicos e viaxar polo buraco espazo-temporal? Gañará o Home Eléctrico a partida de parchís? A súper-ruín B.B, Bruxa de Brancaneves conseguirá secuestrar ao mellor cirurxián plástico para que lle faga a cirurxía estética e poder ser a modelo máis cotizada do mundo? Todo isto e moito máis nesta divertida ficción que se desenvolve entre humanos, superheroes e personaxes dos contos. 

Destinada para toda a ESO


5ª Representación

12.15 GRUPO: TEATRO SOLIÑOS DO IES MARIA SOLIÑO (CANGAS): 

TEATRO PARA NEÓFITOS de Pedro Pablo Riobó Sanluis

ELENCO: Yanira González, Ainara González, Andrea Guimeráns , Mauro Nogueira, Adrián Otero,  María Rosales, Carla Santorio,  Martín Silva

 

Sinopse: Teatro para neófitos é o teatro falando do teatro. Da man dunha guía experta, a obra guía ao espectador neófito a través dos principais xéneros do teatro utilizando a Shakespeare como fío conductor  con particulares versións do seu clásico Romeo e Xulieta.


 Venres 26 de abril

6ª Representación

10.15 GRUPO DE TEATRO COLEXIO EDUARDO PONDAL (CANGAS):

A NOVA EVA

Elenco:

Alexia Vizoso, Ángela Del Rio, Antía Vaqueiro

Antón Oliveira, Bruno Soliño, Haidy Barreda

Irene Pérez, Isaac Rodas, Jorge Varela

Lucas Garcia  Maria Martinez, Marta Costas

Nicolas Riobó, Uxia Chantada

 

Técnicos: Ivan Pena, Mateo Rosales

 

Colaboracións: Alejandro Torresquesana

Sabela Brión

Guiomar López


Sinopse: 

Ano 2074 a Xunta de Galicia crea a Consellaría de Saúde Mental, nada e o que parece.


12.15 CLAUSURA DA MOSTRA

 Co grupo invitado: TEATRO ABERTO que representou 

A TRENZA DOS FEITOS AMARGOS.  

A partir do libro “Lola, filla de Cangas”, de Asun Bernárdez, autora tamén do texto.

ELENCO:

Marina Fandiño

Xabier Fernández

Pilar Ferrari

Araceli Gato

Antón Lamapereira

Francisco Lariño

Pilar Malvido

Cristina Rial

Fina Rodríguez

Concha Vizcaya

Serafín Villar

Sinopse: 

Tempo histórico que abarca desde a Segunda República ata a Guerra Civil. Conta como se desenvolveron os acontecementos máis relevantes e tamén os máis violentos no pobo de Cangas e arredores. Quédanme moitas cousas que contarvos, pero non quero aflixirvos máis o corazón. Os anos foron pasando dende aqueles tempos de penuria. Os asasinatos foron minguando, mentres os mortos en vida seguiron crecendo durante corenta anos. Case cincuenta homes foron asasinados en Cangas. Raparon mulleres, negáronlle o traballo a moitas xente, como a meu pai... fixeron o que quixeron. Mais despois de tantos anos, estou contenta, porque por fin podo subir ao faiado e sacar fóra todos eses nomes escondidos. Puiden sacudir o medo ás palabras, e espallalas ao vento. Que escoite quen queira escoitar. Non quero deixarvos unha testemuña amarga de inxustizas, senón a dunha xente que pensaba que podemos entre todos facer que a vida sexa mellor. 

Dirixida especialmente a bacharelato.




03 setembro 2024

AS MULLERES DETRÁS DE PICASSO, Aula de teatro Sei SAN NARCISO 2024

XXVIª MOSTRA DE TEATRO DE ENSINO SECUNDARIO DO MORRAZO                             

     Marín, 23 de abril 2024



AS MULLERES DETRÁS DE PICASSO, 

NIN MUSAS NIN SUBMISAS

    Unha obra dramatizada a partir do libro de Eugenia Tenenbaum 

    pola AULA DE TEATRO SEI-SAN NARCISO

 In memoriam de Brais Sestelo López,  segues con nós sobre o escenario. 

 

    Unha traxedia, si, démoslle forma de traxedia ao libro homónimo de Eugenia Tenenbaum, un traballo de investigación impactante que a historiadora da arte converteu en distintos textos literarios acompañados con breves biografías das mulleres que sufriron á sombra de Picasso, detrás do autor malagueño do que se celebrou en 2023 o cincuenta aniversario da súa morte. 

     A Aula de Teatro representa unha traxedia, si, porque é un berro contra a historia chea de silencios: Institucionais, académicos, persoais e colectivos dos que dalgún xeito somos cómplices a non ser que rachemos con eles. Porque detrás de cada caso de violencia de xénero, hai centos de silencios e condutas reprobables que non podemos calar.  Debemos lograr recompoñer a historia, construír unha sociedade mellor.

  Partimos, pois, do símbolo da sombra do descoñecemento no que estas mulleres permanecen detrás do pintor, que se presenta ante nós con múltiples rostros, mesmo ata transformarse nun monstruoso Minotauro capaz de innumerables actos violentos que se van tinxindo co sangue de todas elas,  enchoupado en sangue como evidencia desa violencia que exerce na relación tóxica que mantivo con elas.   Fernande Olivier, Dora Maar, Olga Klokhova, Marie Theresse Walter, François Gilot, Genieve Laporte ou Jacqueline Roque seguen a estar eclipsadas polo nome e a dimensión do tantas veces considerado xenio da pintura do século XX.  Pero quen son elas? Hoxe están mortas, mais pretenden contarnos a súa historia para que cambiemos o xeito de mirar a arte, tamén a súa arte.  Quen sabe que Dora Maar foi quen lle deu ao artista as claves para pintar o Guernika, ou que a súa última esposa foi quen o trouxo a Madrid ou que el quixo prohibir a publicación do libro de Françoise Gilot titulado:  A miña vida con Picasso.  Esta última, a muller que di non, liderará en vida unha resposta contundente ao malagueño. Desenmascarar a realidade e descubrir quen era, porque como el mesmo dicía: “O importante é quen son”.

     Na nosa dramatización engadimos personaxes que dalgún xeito contribúen a retratar o cadro das súas vidas xunto con acontecementos colectivos tan relevantes como a 1ª Gran Guerra e 2ª Guerra Mundial, a Revolución Soviética ou a Guerra Civil española do 36.  Cada unha das mulleres manifesta a súa frustración ante o público para esixir unha nova lectura, unha mirada inqueda á historia da arte, unha visión nova e completa sobre o feito creativo no que o contexto non se deixa á marxe, nin é invisible baixo a xenialidade dos artistas. Veñen, pois, falar coa idea de rematar coas sombras nas que permanecen, coma elas, tantas e tantas mulleres ao longo da historia.

A Aula de Teatro coa autora do textos versionados tras da representación

AULA DE TEATRO SEI SAN NARCISO (MARÍN)

 FRANÇOISE GILOT: Rocío López

 GERMAINE/DORA MAAR: Ainhoa del Río

 FERNANDE OLIVIER: Claudia Méndez

 EVA GOUEL, Mme. RENAULD: Carmen Estévez

 XERTRUDE STEIN E SILVETTE DAVID:  Emma Freire

 OLGA KHOKHLOVA:  Cristina Boullosa

 MARIÉ THÉRESSE: Uxía Novegil

 GENIEVE LAPORT:  Victoria Gil

 JACQUELINE: Antía Argibay Dopazo

PICASSOS, MINOTAUROS E OUTROS HOMES: Diego González, Iago Otero,

Quercus Troitiño, Álex Díaz, David Fuentes, Óscar Mathieu e Mulu Nieto.

PAULO PICASSO: Hugo García Muñiz.

MÚSICA EN VIVO: Ainhoa del Río (acordeón), Antía Argibay (voz e piano).

TEMAS MUSICAIS: Guadi Galego, Abraham Cupeiro, As Fillas de Cassandra.

LUZ E SON: Breixo Pazos e Hugo Rosales.

ESCENOGRAFíA: Teresa González e Darío Suárez.

DIRECCIÓN e DRAMATIZACIÓN DOS TEXTOS:  Héctor Silveiro.

 

 PARA VER A REPRESENTACIÓN:                 Vídeo


"Só separamos a obra do artista cando hai que entrar nas sombras"

EUGENIA TENENBAUM (Santiago de Compostela, 1996) Galega afincada en Madrid.  É unha historiadora da arte, comunicadora cultural, autora e activista feminista e LGBT+.

Tenenbaum tomou o seu pseudónimo da película The Royal Tenenbaums de Wes Anderson.​ Comezou o seu traballo como publicista en redes sociais e, en 2022, publicou o seu primeiro libro La mirada inquieta, no que introduce a perspectiva de xénero no mundo da arte ao longo da historia.​ No seu traballo como publicista tamén trata temas como a literatura, o feminismo, o lesbianismo,... É unha das divulgadoras de arte máis seguidas nas redes en castelán.

Por que as mulleres detrás de Picasso? “Quería poñer o foco nelas totalmente... Falamos das mulleres que existiron a pesar de Picasso realmente... Cabe ter en conta que no século XX xorde este culto ao artista como individuo e que nunca se lle separa da súa obra... unicamente separamos obra de artista cando hai que entrar nas sombras en vez de nas luces. Ao final o que facemos é produto do que somos, e o que somos é produto do contexto no que entramos.”

“Teño a sensación de que se pensa que só desde a perspectiva de xénero, de clase e decolonial se mira ao pasado con ollos do presente,... nunca podemos mirar ao pasado desde outro lugar e, por iso, é necesario facelo desmarcándose dos erros do pasado. Para desmarcarse dos erros do pasado e construír un futuro mellor e máis xusto temos que aprender a nomear as cousas: nada nos separa do século XX se non somos capaces de chamar maltratador ou agresor a quen o foi. O máis importante que ten isto é que nos ensina a compoñente educativa e a compoñente sensibilizadora que pode ter a obra do artista que, precisamente pola súa compoñente delitiva ou violenta, ten moito máis que ensinarnos como sociedade, desde unha lectura feminista que non desde unha lectura sumamente misóxina ou formalista.”

 FOTOS DA REPRESENTACIÓN:

Na primeirra fila Eugenia Tenenbaum tivo a deferencia e o pracer
de asistir ao estreo da obra baseada nos seus textos.





















































COLOQUIO COA AUTORA TRAS AREPRESENTACIÓN




GRAVACIÓN DO VÍDEO PODCATS CON EUGENIA TENENBAUM







A NOSA MONTAXE PARA A MOTESMO 2026: FOBOS

  FOBOS, unha viaxe baixo o poder das egolatrías A Aula de Teatro San Narciso 2026 estrea o seu novo espectáculo na XXVIII Mostra de Teatro ...